Pianos

X. AMANCIO LIÑARES GIRAUT

SANTIAGO

O FIADEIRO | O |

22 nov 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

NO ANO 1963 o británico Terence Young presentaba a película Dende Rusia con amor ( From Russia with love ), protagonizada por Sean Connery, no papel de James Bond, o lendario axente 007. Neste 2003, chéganos dende Amsterdam -gracias a Matilde Arufe- o CD homónimo, From Russia with love , con obras de música rusa para dous pianos. Neste traballo discográfico, o profesor holandés Matthijs Verschoor toca acompañado de tres alumnos mozos: a catalana Carolina Estrada Bascuñana e os pianistas galegos Blanca Vázquez Hermida -de Lalín- e David Durán Arufe -de Santa Comba de Xallas-. Carolina interpreta a Shostakovich e Strawinsky. Blanca a Iwan Knorr. E David a Rachmaninoff ( Fantasía , Barcarola , La nuit...l'amour , Les Larmes , P âques ). Sempre en harmonía co seu mestre. É máis dunha hora gozando da dozura do piano clásico ruso, neste CD do selo Quality Classics. David Durán, nado en 1978, comezara os seus estudios no Conservatorio de Santiago e no centro Martín Millán. Tamén recibiu leccións do pianista Ramón Coll. Xa ofreceu algúns concertos en Holanda e España, e agora leva case tres anos perfeccionando a súa carreira musical en Amsterdam. Noraboa.