O programa Equal promove para os ordenses cursos de coidado de persoas maiores

La Voz R. V. | ORDES

SANTIAGO

31 oct 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

O programa Equal, en colaboración co Concello de Ordes, ten previsto iniciar o vindeiro martes un cursiño de corenta horas de duración destinado á aprendizaxe de técnicas para o coidado de persoas maiores. As xornadas celebraranse en horario de tarde nas dependencias da casa consistorial e está dirixido a todas as persoas interesadas en traballar no eido da atención á terceira idade. Por outra parte, a organización agraria Xóvenes Agricultores programa un curso de dez días destinado a todas as mulleres interesadas na cociña de productos de horta. O día de presentación será este luns 3 de novembro na Casa da Cultura ordense. Aínda que nun principio o cursiño de formación foi pensado para o grupo de horticultura do plan Equal a asistencia está aberta a todas aquelas persoas interesadas.