A Televisión de Galicia emitirá na próxima temporada unha nova edición do programa O rei da comedia , un concurso no que trece persoas competirán por ser estrelas televisivas. A productora CTV vai facer unha primeira selección de aspirantes en diferentes vilas e cidades galegas, e escollerá ós candidatos que finalmente tomarán parte no programa nun espectáculo que terá lugar o día 13, ás 19 horas, no salón de actos do hotel Araguaney. O formato de O rei da comedia é orixinal da empresa galega Zopilote S L. Nesta nova edición inclue novidades como a ampliación de 7 a 13 concursantes e a intervención dun xurado fixo, integrado por estrelas da televisión, que irá eliminando de forma progresiva ós aspirantes. O gañador da pasada edición foi Xosé Manuel Rodríguez Puente, coñecido polo nome artístico de Isi. As persoas que tomen parte neste concurso teñen que elaborar eles mesmos o contido do programa, no que teñen cabida xéneros de humor como monólogos, parodias, cámara oculta, reportaxes satíricos e escenas cortas. O espectáculo para escoller ós finalistas será presentado polos que participaron no primeiro programa.