O FIADEIRO | O |
23 ago 2003 . Actualizado a las 07:00 h.AGORA ANDA entre nós, pasando o seu tempo de lecer no verán. Pero todo o ano, e dende a década de 1960, vive en Brasil, entregado á súa vocación de xesuíta. O seu ministerio sacerdotal e a súa formación como teólogo e filósofo son moi densos. Tamén son moitas as súas publicacións, escritas en portugués-brasileiro, e varias convertidas en libros traducidos ó castelán e ó inglés. Algúns coñecen xa varias edicións: Do Jordao a Betânia. Contemplando os mistérios da vida pública de Jesus, O itinerário da fé pascal, Assumiu a nossa carne e acampou entre nós, Igreja, povo santo e pecador, A parábola do Pai misericordioso... Álvaro Barreiro Luaña, SJ (Logrosa-Negreira, 1936), estudante en varias universidades europeas -é doutor pola Pontificia Gregoriana de Roma-, tamén ten sensibilidade de poeta, e como tal publicou Vislumbres. Poesías e preces, 1997. Foi Varocho profesor na PUC de Rio de Janeiro, formador dos alumnos xesuítas en Belo Horizonte, padre en varias comunidades de base e parroquias da periferia de Rio. Arestora traballa no centro de espiritualidade ignaciana de Itaici, onde o pasado 1º de maio chegou o presidente Lula da Silva, para reunirse e dialogar cos membros da Conferencia Episcopal do Brasil.