CRÍTICA DE TEATRO | O |
30 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.HAI VECES que os clásicos están para facer bonito nos carteis e que o espectador marche confiado ó teatro. Confiado no nome do autor e, no caso de Calderón, confiando na alegría da rima. O clásico Casa con dos puertas mala es de guardar está revirado á diversión. Non está saqueado e hai un certo respecto por esa dimensión que ten a palabra, pero está directamente orientado a divertir. Ten case todas as concesións que se poden facer á lixeireza sen cair na vulgaridade. Hai un equilibrio na montaxe que espera por un espectador quizais pouco habitual do teatro, pero agradecido polas áreas de recreo. Hai un equilibrio que non quere deixar ó autor en simple referencia e quizais por eso algunhas maquillaxes e o ambiente de época, pero doutra época diferente á que a comedia propón. A diversión está posta, pero a comedia vai un pouco lenta, como preferindo suliñar o que acontece a desenvolver con rapidez esa incesante sucesión de enganos que vén sendo a comedia. É unha escolla de claridade, de lucir o verso, pero é a mesma escolla que precipita o final, cortando a acción como cando soa unha campá para que os boxeadores se separen.