O TINTEIRO | O |
14 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.Asistín o martes en Compostela a un simposio no que, en principio, íase falar de escenarios económicos para Galicia e para España. Algo diso tratouse, pero o acto, financiado pola Xunta de Galicia, tivo un marcado carácter político que enterrou a súa apariencia de congreso. Ante un auditorio cheo de centos de empresarios, os destacados ponentes non tiveron reparos en facer alusións críticas contra nacionalistas e socialistas no tocante á crise do Prestige, un dos grandes reclamos da campaña en Galicia. Así o fixo Orza, conselleiro de Economía. E como non, Rodrigo Rato, aspirante a sucesión de Aznar. A Xunta ten todo o dereito do mundo a defender e difundir o seu ambicioso programa, cheo de iniciativas e que, certamente, amosa a capacidade de resposta que lle esixen os cidadáns perante unha crise. O que é eticamente máis reprobable e que cos cartos da administración, é dicir, de todos nós, se financie un acto de campaña disfrazado de congreso. Polo ben da democracia, nos periodos electorais compre mirar polo xogo limpo. A administración pública e os seus recursos non deberían ser o primo de Zumosol que vai en auxilio dunhas siglas. Para eso están os propios partidos. E os seus cartos.