«Pactar a alcaldía co PP é unha posibilidade que non se considera»

La Voz

SANTIAGO

? posibilidade de pactos foi unha das inquedanzas prantexadas polos internautas a Néstor Rego. -¿Pactaría con Dositeo se lle ofrecera a alcaldía? -Non consideramos a posibilidade de pactar co PP a alcaldía, os proxectos políticos son antagónicos. Mentres o BNG procura ir na mesma dirección que vai o conxunto da cidadanía e que se manifesta na mobilización social e cívica dos últimos meses, o PP empéñase en ir na dirección contraria. Non obstante, parécenos de interese procurar puntos de encontro con tódalas forzas políticas para sacar adiante aquelas propostas que sexan positivas para Santiago. -¿Está disposto a renovar o pacto co PSOE? -Estamos a un mes das eleccións e, en todo caso, agora son os cidadáns os que teñen que falar e decidir qué goberno queren para o futuro de Santiago. É, polo tanto, despois das eleccións cando haberá que adoptar decisións ó respecto. En calquera caso, entendemos que foi moi positiva para a cidade a participación do BNG no goberno nestes últimos catro anos. -¿Cando un debate entre candidatos? -Dependerá do interese dos medios de comunicacion por realizalos.