A PRIORI | O |
11 abr 2003 . Actualizado a las 07:00 h.Imos chegando ó punto final. Última xornada da feira que, para que non haxa dúbidas do carácter festivo, mesmo ten un fin de festa musical. . Berrobambán. Caixa Galicia. 12 horas.Trasnos, trastes e música: mestura que ben pode resultar explosivamente divertida. Música en director pensada especialmente para cometer todo tipo de trasnadas inocentes. En punto . Teatro Bruto. Alameda e rúas do casco vello. 13.15 horas.As dúas Marías foron durante moitos anos un feito singular da cidade. Hoxe volverán a saír coa puntualidade que as caracterizaba polas rúas que van do casco vello ata Alameda. As mulleres do porvir. Teatro da Lúa. Teatro Galán. 17 horas.A intención do espectáculo é concitar o recordo de tres mulleres que fixeron historia en Galicia: Rosalía de Castro, Concepción Arenal e Emilia Pardo Bazán. ¿Que es la vida? Uroc Teatro. Sala Yago. 18.30 horas.Que preguntas fan ás veces no teatro. Aquí, tres mulleres tentan unha tarefa de xigantes: ordenar a memoria. Vanse valer das cancións e dos vellos poemas que a memoria garda para entreter o tempo nesa labor de rescate. As obras completas de Will Shakespeare. Produccións Librescena. Salón Teatro. 20 horas.Que Shakespeare parece longo, pois facemos unha síntese cun pouco de humor e así podemos entregar todo o autor inglés en hora e media. Esa era a intención dos autores, demostrar que o responsable de Hamlet pode ser áxil e divertido como un anunció de patacas fritidas e aínda máis. Outra cousa é que se entenda. A gran ilusión . Teatro do Morcego. Teatro Principal. 23 horas.Eduardo di Fillipo non é un autor representado en Galicia e sen embargo é autor dun tipo de teatro sen desperdicio. A obra escollida por Morcego para a súa máis recente montaxe, retrata o delicado equilibrio entre a ficción e a realidade. A realidade como padecemento e a ficción como refuxio. 2x4 = es tango . Compañía Venimos de Muy Lejos. Sala Nasa. 01.15 hora.Este é o fin de festa. Espectáculo tanguero cos seus bailes e a súa música, coa carga dramática que as letras e as músicas tangueras teñen.