O BNG critica a situación das instalacións deportivas de Ordes

Ramón Vilar ORDES

SANTIAGO

? BNG de Ordes criticou por medio do seu voceiro, Ramiro Recouso, a labor deportiva que se está a desenvolver dende o Concello. Para o líder nacionalista, «estanse facendo pistas polideportivas nas parroquias que están mortas de risa e só se usan como campo da festa». Como exemplo, Recouso sinalou a situación da pista de Parada: «Non hai porterías, nin canastras nin nada, o que hai é unha barra de chiringuito enorme que se meteu no seu día como material deportivo». Asegura que moitos rapaces desta parroquia que queren practica-lo tenis fano na pista dun veciño que a cede. Para o BNG, situacións parecidas pasan noutras parroquias do concello que «non teñen ningún tipo de infraestructura deportiva».Cren que unha vez feitas as instalacións, o que habería que facer é darlle uso. Dende a formación nacionalista reclaman monitores e material deportivo para as pistas parroquiais. Que a escolas deportivas municipais se acheguen ás parroquias para que os rapces poidan usa-las instalacións». Anunciou asimesmo que levarán este tema ó vindeiro pleno municipal para solicitar do goberno local que mellore este servicio que ten unha ampla demanda entre os veciños ordenses.