«Na Cova da Serpe todos estamos por amistade»

Manuel Beceiro SANTIAGO

SANTIAGO

Manolo Rivas, Julián Hernández e Susana Seivane son algúns nomes que participan no espectáculo «A caricia da serpe» con texto e voz de Lino Braxe

17 dic 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

O grupo A Caricia da Serpe cumplirá catro anos de existencia esta semana na Sala Yago co espectáculo do mesmo nome, estreado en 1998 no Forum Metropolitano da Coruña. Lino Braxe é a alma mater desta proposta que mestura música e poesía con pinceladas teatrais e radiofónicas, construida dende a ironía e o compromiso poético. -¿Se pode definir este espectáculo como unha proposta de «literatura sonora»? -Fundamentalmente é música arredor da poesía, con elementos teatrais e radiofónicos. Pasámolo moi ben porque é un espectáculo moi libre que empeza dunha forma e non se sabe como vai acabar. Non é teatro, nin radio, nin poesía nin rock, pero é moitas cousas. -¿Un espectáculo diferente e indefinible? -É tan indefinible que os das casas de discos non saben donde situarnos. Sempre nos preguntan si é folk, jazz, rock, mestizaxe... Pois non facemos nada de eso. Non o queremos apadriñar cunha palabra porque non sabemos o que é. -¿ E quen é A Caricia da Serpe? -Unha persoa que forma parte dun grupo de música clásica medieval e que facía estudios de rock, Xosé Luis Saqués; un acordeonista que ven do pop e o rock, Rómulo Sanjurjo; outro dos fados e o flamenco, Miguel Ladrón de Guevara; e eu que veño da ópera e do rock. Con esta mestura, facer algo concreto era difícil. Todos estamos por amistade, non por bós músicos. -¿Invitados incluídos? -Cada día haberá un escritor, unha actriz e un músico invitados que non desvelamos, todos amigos da Caricia da Serpe e de Lino.