«O alcalde decide moitas veces pola súa conta e iso é un problema»

Xosé Rodríguez SANTIAGO

SANTIAGO

XOÁN A. SOLER

«O meu calendario de traballo chega ata o remate do actual mandato municipal porque senón sería unha fuxida, e eu cando collo un compromiso cumproo ata o final»

17 ago 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

E?c???? O?e?? exe?ce de ?lc?lde?? e??i??l ??r úl?i?? ?e?, ???? ter ?e???ci?d? ? concurrir ás próximas municipais, polo que non seguirá dentro dun ano en Raxoi. -¿Que sensación se ten? -Pois que empeza unha nova etapa na miña vida. Cando me comprometín a cumprir coas miñas funcións de alcaldesa, fíxeno con criterio de servicio público de acordo coas expectativas da cidade e coas da propia institución á que represento. -¿A alcaldía entraña dificultades? -Non é máis complicado que o traballo de todos os días como concelleira, aínda que conleva máis responsabilidade. Todo o que ocurre no territorio municipal lle compete. Agosto en Santiago non é un mes tranquilo. -¿O BNG pode rematar a lexislatura con selo propio? -O BNG apostou por facer unha política diferente. O criterio participativo asóciase con Bloque. Tamén a visión de Santiago para Galiza, a defensa do patrimonio e do medio ambiente e a orde que se puxo na economía municipal, con criterios contributivos máis xustos. O BNG cumpriu escrupulosamente, por outra parte, as súas obrigas institucionais. -¿Resulta complicado manter os límites entre PSOE e BNG no goberno e lograr que a situación non se escape? -Fixemos un esforzo grandísimo de diálogo, negociación e xenerosidade, mantendo un equilibrio entre os principios fundamentais irrenunciables para nós e a eficacia na toma de decisións. Iso ten unha liña de febleza grande que exixe dedicación e responsabilidade. Agás en momentos en que está en xogo o teu ideario, iso non pode sair á luz. -O alcalde ten máis poder. -Coa Lei de Bases de Réxime Local, a figura do alcalde absorbe e devora todo. Parece como se todo o fixera él. Pero en que o goberno vaia ben ten moito que ver o BNG, e espero que a xente o aprecie así. -¿É duro Xosé Sánchez Bugallo nas negociacións? -É un alcalde dialogante, pero logo decide moito pola súa conta. E iso é un problema. A veces se plantexan cousas xa coa decisión tomada. Regularmente se reúne a comisión de seguimento que favorece que as cousas se vaian decidindo e executando nunha situación de autogoberno. -¿E a oposición? -Temos grandes dificultades de diálogo co PP a miudo polas discrepancias que nos separan. Pero ademais hai un problema que atopei tanto en Sáinz como en Dositeo, e é que moitas veces antepoñen os intereses da Xunta ós de Santiago. Son máis defensores do goberno galego que da oposición e iso dificulta chegar a acordos. -Nos plenos, sen embargo, hai bastante unanimidade. -Si, hai diálogo nos temas importantes. De vinte puntos que van ó pleno, quince saen por unanimidade. Tivemos acordos os tres grupos en cousas relevantes.