Sen complexos

La Voz

SANTIAGO

25 jul 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

A CORPORACIÓN compostelana aprobará hoxe o Plano de Normalización Lingüística, unha proposta promovida pola Administración municipal pero avalada pola participación social de máis de 200 persoas que participaron na súa redacción. Os obxectivos son varios e os medios para acadalos tamén. Pero todos se sustancian nun só epígrafe: facer normal o uso de galego. E a normalidade non pasa por fomentar só o seu uso, o que non ten que interpretarse necesariamente, coido eu, en termos de confrontación con outras linguas, senón tamén por liberalo das etiquetas xeográficas, ideolóxicas e clasistas que se lle aplican ós seus falantes. E niso teñen moito que facer iniciativas coma estas, pero tamén as autoridades educativas e a actitude da propia clase política, de calquera signo, para que o galego acade o recoñecemento social que lle corresponde, sen complexos, como lingua deste país.