Das 28 personas que toman parte neste taller de creación, 16 proceden do centro de arte alemán no que imparte clases Marina Abramovic, e os 12 restantes foron seleccionadas polo CGAC e son de Portugal, Francia, Granada, Valencia, Madrid, Pontevedra e A Coruña. Entre os elexidos hai unha enfermeira, a excepción da norma de que todos debían ter un perfil próximo ó do artista. Daí que, ademais de artistas plásticos e visuais, entre os participantes hai tamén escritores e actores. A casa de Antas de Ulla elexida para levar a cabo a experiencia dedícase a acoller a colectivos que realizan actividades pechadas en cursos, seminarios ou retiros. O nome é Casa da Terra, pero dado o tipo de actividades non turísticas que se concentran nela, a xente dos arredores coñécena como casa das sectas , palabra ésta última que cando a dicen no lugar soa como casa das setas . En calquera caso, é unha antiga casa de labranza, rehabilitada e equipada con comodidades que se adaptan, sobre todo por mobliario, ás necesidades do grupo que a acupa por uns días en aluguer. As propostas de Abramovic parten da súa experiencia. Por iso rechaza as críticas que a tildan de tirana e aclara que se base na confianza que ten que haber en toda relación, é neste caso é a confianza na súa experiencia, en que sabe o que di e o que fai. E sabe que o resultado é satisfactorio, «porque para alcanzar el estado puro de la mente hay que condicionar el cuerpo (...), romper los patrones de tu vida, los hábitos, y experimentar algo diferente».