«O que máis me gusta é sorprender ó público»

La Voz

SANTIAGO

CAPOTILLLO

César Martínez «Goldi», actor

05 jun 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

César Martínez Goldi, forxado na Aula de Teatro da Universidade, é hoxe un dos actores máis versátiles, compaxinando o traballo en televisión, Mareas Vivas , co teatro, na compañía Factoría, e o cabaré, con Magical Brothers e os Contracontos. ¿¿Tal como está o teatro en Galicia, para un actor é imprescindible a televisión? ¿Pois non o sei, xa que non coñezo tantos actores. Pero cantas máis cousas fagas máis respiro tes. Sempre é interesante traballar en medios distintos. ¿Formouse como actor no teatro ¿Síntese máis actor teatral que de televisión? ¿Non necesariamente. A verdade é que a única vez que traballei con continuidade foi con Canalone , aquelo que fixemos para A Cuadrilla, que era unha cousa que se facía no mismo set e con cámara fixa. Eu fixen cousas pequenas en cine e tele. Con continuidade é a primeira vez que teño un papel. ¿Ahora é «Lisardo», o barrendeiro de Portozás, outro personaxe cómico. ¿Máis que cómico é curioso, porque é un tipo que as cousas humáns sonlle un pouco alleas, cunha moral un pouco ríxida, en plena adolescencia. ¿¿Con que traballo se atopa mellor? ¿O cabaré é unha cousa máis cruda, primaria. A xente acude a el a ver as cousas máis cómicas, pero á hora de divertirme eu non teño prexuicios de ningún tipo. Creo que o importante é traballar ben as cousas, independentemente que sexa máis dramática ou cómica. O que gusta é sorprender ó público e que non teña a sensación de estar perdendo o tempo.