Dende hai tempo os rectores piden unha financiación máis acorde cos novos tempos, xa que xorden novas necesidades na universidade: -Por primeira vez comprobamos que as subvencións incondicionadas da Xunta non cubren o capítulo de gastos de persoal, un indicador que hai que ter en conta. A financiación mediante créditos depende do número de estudiantes, que baixan, pero o número de profesores e de PAS non. Vendo as cousas dende a miña posición de rector que se vai, é un punto que haberá que plantexar. -¿Que titulacións espera ver nesta universidade? -Sería inxusto e tampouco conveniente para Galicia que non estiveran as relacionadas coas TIC (tecnoloxías da información e da comunicación), así como Comunicación Audiovisual. -Sendo realistas tampouco se poden permitir titulacións triplicadas. -Esa é unha postura razoable, pero suprimir unha titulación non supón necesariamente un aforro económico. Os docentes seguen aí. Ademais, unha universidade pública e de prestixio ten que manter certos estudios aínda que sexan minoritarios.