«A miña é unha obra aberta a expresións parateatrais»

La Voz

SANTIAGO

CONCHA PINO O CRONÓMETRO César Lombera, creador e artista plástico

06 mar 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

Integrar as esculturas nos espacios que ocupan e que establezan unha relación co público é un propósito que sen dúbida algunha ten acadado César Lombera, como proban obras súas como As Marías e o Valle Inclán que están na Alameda. Este creador polifacético regresa a Compostela cunha exposición que se inaugura esta tarde en Fonseca. -¿Tiña exposto antes? -Non. Despois de tantos anos creando, entro no circuito expositivo, aínda que non vou facer concesións á galería, nunca mellor dito. -Faino con dúas instalacións que son como dúas escenografías distintas. -Son dous temas en distintos formatos e linguaxes. Parten da miña formación escultórica, teatral e parateatral, que me permite xogar con técnicas que conectan coa xente. Unha son mitos e imaxes mariñas próximas ó cómic, como a montaxe do asasinato dunha peixeira de Vilagarcía hai anos, sereas e golfiños. A outra é Humor negro, unha instalación aceda sobre África que pon en evidencias clichés sobre a súa cultura, a colonización, a esclavitude... -¿Deixará de facer esculturas públicas? -Non, pero últimamente especializáronme nelas, e a miña é unha obra aberta a outras expresións coma o parateatro. -Faceta na que traballou en Compostela hai anos. -Con Antroido e Roberto Vidal Bolaño, facendo teatro de rúa. Viña de Barcelona, donde empecei a facer xigantes e cabezudos. Sigo neso, cun obradoiro de plástica parateatral no que se parte da investigación antropolóxica para chegar ó díalogo entre tradición e modernidade. -Con humor e ironía. -A ironía é o leit motiv do meu traballo, porque é mellor desdramatizar o que non se debe silenciar desta sociedade.