LUPE PEREIRA MI CALLES
17 nov 2001 . Actualizado a las 06:00 h.Rúa céntrica onde as haxa, e sen embargo non ten máis edificación ca unha igrexa, a do Pilar, e unha gasolinera. Aínda así, ocupa unha posición estratéxica para o paso de peóns e vehículos entre o Campo da Estrela e o Camiño Novo. O de peóns, con dificultade, polo menos cara a zona sur, pola estreita beirrarúa. É a avenida Xoán Carlos I, denominación que xa asentados os novos aires que trouxo a democracia veu sustituír á de General Martínez Anido, mentras o Hórreo recuperaba os seus dominios tradicionais sobre o rótulo que durante anos o identificou co nome de General Franco. A Alameda, por un lado, e o desnivel que marca o inicio do Ensanche, por outro, deixaron á Xoán Carlos I como mera zona de tránsito entre dous enclaves urbanos de gran vitalidade como son A Senra e Rosalía de Castro (neste caso a través da rúa Casas de Compostela), xa no tramo final do que en tempos fora a principal travesía de Santiago. Pero a monotonía desta rúa de rexio nome, inicialmente identificada como Juan Carlos I (logo chegaría a normalización lingüística do roteiro), desaparecerá nos próximos meses. Trocaráse por outra, a do fungar da maquinaria que se adentrará nas súas entrañas para gañar un novo párking para a cidade. redac.santiago@lavoz.com