ROSA MARTÍNEZ EL CRONÓMETRO Javier Agrafojo, coordinador do Voluntariado da USC
20 oct 2001 . Actualizado a las 07:00 h.A Oficina do Voluntariado da USC afronta a súa sexta campaña de colaboración con ONG e organismos de Santiago e Lugo. Dentro desta, os estudiantes universitarios dispoñen de 637 prazas en 24 programas para canalizar a súa solidariedade. A novidade este ano, di Javier Agrafojo, coordinador da oficina xunto con Ernesto Gómez, é o apoio ó campeonato do mundo universitario de Campo a Través que acollerá Santiago en abril. -Estas prazas non chegan ó 2% da matrícula universitaria. ¿Cúbrense todas? -Non. Nós ofrecemos as que piden as organizacións coas que colaboramos. E quedan sen cubrir sempre nas mesmas áreas, como a colaboración ca terceira idade en domicilios. -¿Por que? -É complicado entrar na casa da xente. Quizais porque os lazos de afectividade poden ser moi fortes ou porque non aprecias de maneira tan clara o apoio da organización coa que colaboras. En residencias o estudiante implícase máis, e fan o mesmo, compañía. -Pero ¿é un colectivo solidario o universitario? -Creo que si. En porcentaxes, as prazas de axuda voluntaria que se cubren veñen sendo o 1% dos matriculados na USC. Pero en número son uns 360 voluntarios ó ano, cifra importante. Ademais outros colaboran sen pasar por aquí. -¿As motivacións? -Moi variadas. A primeira, axudar ós demais. A segunda que expoñen, prácticas de estudio, pero neste caso sempre teñen este verniz de apoio. -¿E que programas demandan máis os alumnos? -Colaboracións coa infancia e co Psiquiátrico; dous mundos moi distintos, pero sempre os máis demandados. -¿Que pode aportar este voluntariado ó campeonato de Campo a Través? -Ademais do aopio ó seu desenvolvemento, facilitarlles a estancia na cidade ós atletas, que virán de 150 países.