Sargadelos crea un emblemático centro cultural no seu edificio da rúa Nova

REDACCIÓN SANTIAGO

SANTIAGO

PACO RODRÍGUEZ

O inmueble vai ser reformado para albergar distintos equipamentos nas tres plantas A galería Sargadelos transformarase nun centro cultural de tres plantas. A concelleira delegada para o Casco Vello, Encarna Otero, anunciou onte que o edificio xa ten a licencia para que os donos, o complexo industrial Sargadelos, poidan acometer as obras de remodelación do edificio da rúa Nova 16, que foi adquirido hai algún tempo. Un dos equipamentos que terá será unha biblioteca pública cos fondos da Asociación Galega de Editores, sala de exposicións, galería de arte e un café para ler e escoitar música.

12 ene 2001 . Actualizado a las 06:00 h.

O edificio de Sargadelos na rúa Nova, donde xa está agora a histórica galería que se creou hai 22 anos, será o centro sociocultural máis emblemático deste complexo industrial e cultural gallego despois das fábricas de Sargadelos (Cervo, Lugo) e a de O Castro (Sada, A Coruña). As obras poderán empezar, despois de máis dun ano de xestións para obter a correspondente licencia de remodelación do inmoble, situado en plena «almendra» monumemtal, aínda cando non está catalogado de histórico, senón de interés tipolóxico e arquitectónico. Xosé Luís Vázquez, responsable da galería, asegurou que aínda non teñen a licencia «física» no seu poder, pero que Encarna Otero comunicoulles que estaba asinada. Sargadelos prevé iniciar en breve unhas obras que durarán ano e medio. O proxecto da obra é do arquitecto Daniel Beiras. Cuando o centro abra as súas portas, dentro duns dous anos, a planta baixa e os dous andares superiores disporán de quipamentos abertos ó público en xeral e que supoñerán a incorporación de novos equipamientos culturais e de ocio para a cidade. O máis novedoso será o Centro do Libro Galego Anxel Casal, que Sargadelos crea en colaboración coa Asociación Galega de Editores. Trátase dun vello proxecto, que xa fora proposta a anterior corporación municipal compostelana por la AGE, pero que non prosperou ate que Sargadelos lle prestou o espacio físico, establecendo unha fructífera colaboración.