«Pensamos diferente a PP e PSOE»

La Voz

SANTIAGO

PACO RODRÍGUEZ

JOSÉ XAVIER BOM LA ENTREVISTA José Manuel Iglesias, concelleiro de Educación e Mocidade de Santiago O Instituto de Ciencias da Educación da Universidade e o Departamento Municipal de Educación asumiron o compromiso de editar próximamente as Actas do curso «A educación na cidade e a cidade na educación», celebrado recentemente. Será unha nova colaboración entra as duas institucións. O concelleiro con responsabilidade na área de ensino, Xosé Manuel Iglesias, entende que «hai que vincular cada vez máis a Universidade á cidade», ainda que a sua grande prioridade sexan os centros non universitarios.

01 ago 2000 . Actualizado a las 07:00 h.

No curso tivo lugar unha mesa redonda onde interviron Iglesias e os tamén concelleiros Luís Toxo e Marta Álvarez, tres referentes dos partidos hoxe máis representativos. _¿Diverxen os grupos no modo de asumir a educación e a calidade de vida? _Talvez a diferencia fundamental do noso modo de pensar sexa que no BNG continuamos a defender que os aspectos relacionados coa educación formal teñen máis relevancia na calidade de vida que os da educación non formal. _¿Cómo se explica iso? _No BNG entendemos que os conflitos individuais sobre integración, adaptación ou disfuncións de todo tipo, e tamén os conflitos sociais, teñen máis que ver directamente cos fracasos ou éxitos do ensino formal, que deve ser prioritario, e non cos do ensino non formal. _¿Onde hai que actuar? _En especial nos diferentes servicios inerentes ao funcionamento do sistema educativo que desde o BNG, nunha sociedade como a nosa, os consideramos esenciais: servicios e actividades complementarios e extraescolares, ou a educación infantil. Eses son elementos hoxe decisivos para a calidade de vida, mais que outros como parques, museus, urbanismo, programas didácticos ou infraestructuras de todo tipo.