O banco

Estela Sandé López

RELATOS DE VERÁN

O banco de carpinteiro do avó Lolo sempre chamara a miña atención. Para os ollos dunha pícara de tres anos era máxico.

Alí había de todo, as típicas ferramentas para o traballo: trenchas, escofinas, cepillos, berbiquís…; anacos de olorosas madeiras: carballo, castiñeiro, teixo, cedro…; mobles despezados…

Pero o que de verdade me abraiaba eras as motas que por arte de maxia aparecían tras rebuscar nas pequenas caixas de cravos e de pedras de chisqueiro que gardaba naquel enorme caixón de enferruxada aldraba e coas que sempre me agasallaba para ir nos lindos pegasos de madeira das festas.

Que grande visionario che me era!

-Os cartos no banco, sempre no banco, no banco de carpinteiro-dicía.

E moito mellor se era no do meu avó.

Estela Sandé López. Técnico para a prevención de riscos laborais. 40 anos. A Coruña.