O mundo

María Hermida Martínez

AL SOL

04 ago 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Aquel dia chorei ata cansarme, a xente non paraba de dicir: ¡O mundo se acaba!. Era a finais dos anos corenta.

Eu corrín a recoller a roupa ao tendal de silvas que a mín tanto me gustaban, era un tendal moi soleado, e derrepente o ceo cubríuse de negro, entón non dubidei que era verdade o que os maiores dicían, que se acababa o mundo, o noso mundo, ¡qué tristeza! Corrín para a miña casa, alí estaban meus dous irmáns, eu coidaba deles ata que os nosos pais chegaban de traballar. Con once anos facía de nai e ao mesmo tempo xogaba coma eles.

Os tronos aterrábanme e tamén a chuvia torrencial que caía esa mañá, pechei portas e xanelas, xa non vin mais lóstregos. Olvideime do mundo dando o biberón a Manolito e mirando a Leandro como destripaba un cabalo de cartón, que sempre llo pedía aos Reis Magos, así que doume a risa. Xa era a hora de facer o caldo, miña nai deixábame todo nunha pota grande enrriba da cociña de serrín ca estrepia, eu só acendía o lume cun misto, e cando ela chegaba comíamos.

A verdade é que me sentía feliz, así que me fun tragando as bágoas non quería preocupar á miña nai a que adoraba de tódolos xeitos. Cando chegou pregunteille: Nai ¿cres que se acaba o mundo? Contestoume Non muller, iso é un conto, así non pensamos noutras cousas.

Qué boa era miña nai, tiña razón, pasaron os días, os anos e o mundo segue aos tombos, pero segue. Agora a ver como saímos desta, do COVID e do cambio climático.

María Hermida Martínez. Pensionista. 83 anos. A Coruña.