Proverbio árabe

Cristina Barrio Cordeiro RELATO

AL SOL

29 ago 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

-Estase atrasando, xa pasan dez minutos da hora.

Recostouse na randeeira e seguiu a pensar.

-Eme igual que a miña filla pense que son un vello chocho e que rife comigo, tiña que poñerme o meu mellor traxe para despedilo, aínda que ela diga que está pasado de moda. Que vexa que me vai ben, que nos vai ben.

Creu que nos destruiría cando nos despediu á muller e mais a min despois de máis de trinta anos de traballo na súa fábrica, cando nos botou da casa que era da empresa, cando me obrigou a suplicarlle que contratase ao meu fillo por unha miseria.

Mentres el seguía a pasear no seu cochazo, seguía a vivir na súa mansión e seguía a ter bos beneficios cada ano, pero iso si, falando de crise e de austeridade, que lle obrigaban a desfacerse de nós.

Pero agora está ben morto e eu estou aquí na porta da miña casa para ver pasar o cadáver do meu inimigo.

Cristina Barrio Cordeiro, mestra de Educación Primaria, 60 anos, Oleiros.