Leo, o león vexetariano

Mencía Pérez Cifuentes

RELATOS DE VERÁN

Mencía Pérez Cifuentes. 9 anos. A Coruña. Estudante

19 ago 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Leo vivía na sabana, coa súa familia, moi feliz, pero a hora da comida era un suplicio. Por moito que súa nai lle dicía:

-Acabo de cazar esta cebra, mira que xamón ten, seguro que está boísimo.

E seu pai insistía:

-Proba un pouco de antílope, ou un pouco de gacela, verás que carne máis tenra…

Non había maneira de facerlle probar a carne. Dáballe moito noxo o sangue e o seu cheiro. Só comía herbas e follas que alcanzaba dende a súa altura, que era pouca. Os pais e os maiores da manda dicíanlle:

-Se non comes carne non terás forzas para cazar.

-Se non como carne, non preciso cazar.

Un día Leo perdeuse, e viuse rodeado dunha manda de xirafas. A máis pequena, Xulia, fíxose amiga súa e axudoulle a coller as follas das partes máis altas das árbores… que sabor tan distinto e que tenras eran… tan diferentes ás do chan e ás que estaban máis baixas!!!

Estivo perdido un par de horas, pero como na sabana non hai reloxo, non existe o tempo. En todo caso, a Leo pareceulle moi pouco cando escoitou ao lonxe o berro de súa nai chamándoo:

-Grrrrr!!!, Leooooo!!! Grrrrr!!!

-Estou aquí, mamá!!!

As xirafas fuxiron a toda présa, e tamén Xulia, claro. Cando Leo e súa nai regresaron co resto da manda, Leo explicoulles:

-As xirafas son herbívoras, e aínda que eu estaba só e perdido, non me comeron. Pero se a nosa manda atopase soa e perdida a Xulia….

-Espera… Quen é Xulia?

-Xulia é una nova amiga, da miña idade, una xirafa que me atopou e me coidou mentres estiven perdido. Collía follas das máis tenras para min. E só pensar que Xulia podería ser a vosa merenda….

A manda pensou e debateu sobre o que Leo contara e decidiu probar polo menos as follas e a herba. Podería ser una vantaxe para cando a caza escasease.