Arranca unha nova edición dos Bosques Terapéuticos

VILABOA

ADRIÁN BAÚLDE

17 abr 2023 . Actualizado a las 09:44 h.

Este sábado, está previsto que arranquen os baños de bosque do programa Bosques Terapéuticos, que impulsa a Deputación de Pontevedra. Deste xeito, esta iniciativa comezará cunha ruta polo Lago de Castiñeiras, situado nos municipios de Marín e Vilaboa, mentres que o domingo desprazarase ata a Carballeira de San Xusto, en Cerdedo-Cotobade. En ambos casos, as prazas para están todas esgotadas.

En total, 38 rutas por sete espazos: Illa de Tambo (Poio), Castiñeiras (Vilaboa y Marín); A Fervenza do Toxa (Silleda); a Carballeira de San Xusto (Cerdedo-Cotobade); o entorno da Ponte Colgante do Lérez (Cerdedo-Cotobade e Campo Lameiro); o Espazo Natural do Río Eifonso (Vigo) e a Ruta da Pedra e da Auga (Meis).