O Paseo de Silgar en Sanxenxo transfórmase nun museo ao aire libre

Alfredo López Penide
L. Penide SANXENXO / LA VOZ

SANXENXO

Co título de Morriña, este sábado inaugurarase a exposición, a partir das 11 horas

16 may 2025 . Actualizado a las 22:37 h.

Co título de Morriña, este sábado inaugurarase, a partir das 11 horas, no Paseo de Silgar de Sanxenxo a exposición pertencente á décima edición do Concurso Murais Azulexo LAR (2006). «Esta mostra é unha homenaxe ás mulleres e aos seus oficios nos tempos de emigración», destacaron dende o Concello.

Este museo ao aire libre está conformado por nove esculturas con silueta de muller nas que se empregaron distintas técnicas. Cada peza inclúe un código QR con información sobre a historia e documentación de cada unha delas.

Ademais, da inauguración oficial, os máis pequenos terán ocasión de participar nun obradoiro de mosaicos.