Arrancan en Poio os seminarios das «Mareas de Coñecemento»

Alfredo López Penide
L. Penide POIO / LA VOZ

POIO

As actividades desenvolveranse o luns e o mércores

09 oct 2023 . Actualizado a las 10:32 h.

Este luns arranca en Poio o proxecto Mareas de Coñecemento, iniciativa que aglutina seminarios sobre historia e patrimonio e pilates destinados para as persoas maiores de 50 anos. Trátase dun programa gratuíto subvencionado pola Xunta de Galicia e encádrase na Rede Galega de Programa Universitarios para Maiores.

Así, o primeiro dos seminarios abordará esta lunes pola tarde no Casal de Ferreirós a Historia e patrimonio cultural de Poio, mentres que a segunda sesión será o mércores (16.30 horas) cunha visita práctica e percorrido polo conxunto histórico de Combarro.

Os interesados en participar nalgún destes dous seminarios poden anotarse presencialmente no Pazo Besada ou a través do teléfono 986 872 401.