«A ameixa é comprada aos mariscadores»

La Voz

POIO

. Capotillo

Campelo iniciará este mediodía un fin de semana onde o molusco baboso será o rei dunha festa que atraerá a miles de visitantes

17 sep 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Son case trinta anos os que a Festa da Ameixa leva repartindo o saboroso marisco entre visitantes e veciños. Xosé Lois Martínez, concelleiro de Turismo, considera esta cita fundamental para Poio e para Campelo. Unha festa que comeza hoxe as 12.30 e durante dous días animará e encherá estómagos.

-Tres décadas de ameixa, e brindará hoxe por outras tantas supoño.

-É unha festa que empezou feita polos veciños e que cos anos pasou ás nosas mans. É a festa gastronómica decana da nosa terra e é importantísima para nos. Promociona Poio e Campelo en particular e forma parte da economía dunha maneira moi directa.

-¿Fala do papel do marisco da ría?

-Nas cofradías de Raxó, Lourizán e San Telmo temos xente de Poio e en moitos casos e a economía que alimenta as súas casas, ou polo menos unha gran axuda.

-Ademáis do ocio que contén a festa tamén hai un impacto nos fogares.

-Indudablemente, é unha gran homenaxe pero aparte, o Concello, ao igual que na Festa do Mar, compra a ameixa directamente na lonxa, é dicir, directamente aos mariscadores. Queremos beneficiar a nosa xente.

-Non tódalas citas de este tipo repercuten tan directamente na economía local.

-E tamén indirectamente. Ao final en calquera festa un vai comprar roupa, ou vai a carnicería ou vai ao bar e crease o consumo. Aquí o que pasa e que xa hai un consumo, por parte do Concello, previo a todo iso. Compramos media tonelada de ameixa, esperamos que chegue.

-Poio enfila o final do verán coa Festa da Ameixa, ¿aínda ten o corpo para máis?

-E aínda falta a Festa da Merced que é o verdadeiro remate do verán de Poio. Dende que chega o sol non paramos ata que se vai. Tratamos de que veciños e visitantes teñan o mellor verán posible