Intercambios

MARÍN

DENDE A VENTÁ | O |

12 ago 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

CADA verán dende hai 25 anos, un grupo de estudiantes alemáns achégase a nosa comarca para participar nos cursos de verán organizados pola Universidade de Passau en Marín. A iniciativa comezou pola imaxinación e bo facer do profesor marinense José Teijeira Martínez. Co paso dos anos, o éxito deste programa, que permite aos alumnos perfeccionar os seus coñecementos de castelán e á vez aprender a cultura galega e o dereito español, incrementouse. Nestas últimas edicións, Teijeira logrou que unha segunda Universidade, a de Ratisbona, tamén ofrecese aos seus alumnos a posibilidade de coñecer Marín, e con esta vila tamén a provincia de Pontevedra. Vintecinco anos dise rápido, pero é moito tempo para una iniciativa que corre a cargo dun pequeno grupo de persoas entusiastas e da colaboración desinteresada de varias asociacións locais, das que o Liceo Casino é a mái representativa. Un acibeiro recorda este aniversario ao lado do Concello, e durante o mes, os veciños ímonos atopar en Marín ou en Pontevedra, con estes estudiantes, que se sorprenden ao descubrir unha España moi distinta ao estereotipo habitual sobre nós en Europa. É unha iniciativa que vale a pena apoiar. Aos organizadores, noraboa.