Salcedo, Seixo, Rebordelo e Briallos honran a San Brais

CERDEDO-COTOBADE

Presentación das festas de San Brais de Rebordelo
Presentación das festas de San Brais de Rebordelo CONCELLO DE CERDEDO-COTOBADE

Numerosas localidades de Pontevedra desenvolverán actividades nos vindeiros días

31 ene 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Seixo, en Marín; Rebordelo, en Cerdedo-Cotobade; Salcedo, en Pontevedra; ou Briallos, en Portas, son algúns dos puntos da comarca onde estes días celebraranse festas en honor de San Brais.

No caso de Seixo, como antesala á festividade do 3 de febreiro, ata a súa véspera oficiaranse misas ás 19.30 horas, mentres que en Briallos estrenarán este sábado unha festa, unha chourizada popular (18.00 horas) e, previamente, Baia presentará o seu libro O Faiado das Papoulas. En Rebordelo, pola súa banda, desenvolverase unha ampla programación relixiosa, cultural, musical e gastronómica que rematará coa verbena do trío Xtra e Dolce Vita, e en Salcedo, as celebracións arrancarán mañá.