Homenaxe en Bueu ao compositor de «Falemos galego» en plena dictadura

Alfredo López Penide
L. Penide BUEU / LA VOZ

BUEU

CONCELLO DE BUEU

Este tema «xa se converteu nun dos seus himnos, e ata o cantautor Suso Vaamonde se namorou dela popularizándoa co grupo A Roda», destacaron dende o goberno local

17 feb 2026 . Actualizado a las 19:18 h.

No marco da programación do entroido de Bueu, o Concello homenaxeou a Xosé Diz, un dos fundadores da comparsa Os Mulos e compositor de, entre outras, a canción de Falemos galego en 1971, en plena dictadura. «Esa letra precisamente resume moi ben o espírito do entroido e xa se converteu nun dos seus himnos, e ata o cantautor Suso Vaamonde se namorou dela popularizándoa co grupo A Roda», destacaron dende o goberno local.

O alcalde Félix Juncal recoñeceu que «é para nós un pracer promover este acto de recoñecemento a Xosé Diz, que forma parte da historia viva do noso pobo e por iso queremos agradecerlle a súa contribución non só ao noso entroido senón tamén á historia local», pois «el, ao igual que outros homes e mulleres desta vila, constrúe o que somos».

Homenaxe a Xosé Diz en Bueu
Homenaxe a Xosé Diz en Bueu CONCELLO DE BUEU

Xosé Diz foi un dos membros fundadores da comparsa Os Mulos en 1985, mais a súa vinculación co entroido remóntase a tempo atrás, dado que xa formara parte das Pirilleiras. Ademais de Falemos galego, outra das cancións más recoñecidas da súa traxectoria é A nova oula. De feito, o acto, no que se lle entregou unha placa de cerámica realizada pola artista Cavalinho do Demo na que se condensa o Paxaro do Mal Agoiro e as letras dese Falemos galego, que foi cantado ao remate do acto por Os Mulos coa acompañamento do público asistente e do propio Diz, estivo amenizado pola actuación desta comparsa.