A Festa da Lingua reúne a 800 escolares en Caldas

Cristina Barral Diéguez
c. barral CALDAS / LA VOZ

BARRO

Capotillo

Reivindicación do idioma, creación, música e humor déronse cita na finca municipal A Tafona

03 may 2019 . Actualizado a las 19:58 h.

O recinto da Tafona, en Caldas de Reis, acolleu este venres a décima edición da Festa da Lingua, unha cita que organiza a coordinadora comarcal de equipos de normalización lingüística da lingua galega Terras do Umia. Nela están incluídos centros educativos de Barro, Caldas de Reis, Cuntis, Moraña e Portas. O evento reuniu a máis de oitocentos alumnos nunha festa que combinou reivindicación do galego, pero tamén creación, música e humor.

A Festa da Lingua comprendeu os premios dos festivais de microcreación e microtextos (microrrelatos e micropoemas), as actuacións en directo do Sondoumia (grupos musicais de diversos centros que compiten por un premio en primaria e outro en secundaria), o Contaumia (monologuistas e contacontos que compiten tamén nas modalidades de primaria e secundaria) e o premio Lingumia, que se outorga a alguén dun sector que traballa tendo en conta a visibilidade social da lingua galega e que este ano se corresponde co mundo da gastronomía. Tamén se proxectaron vídeos, entre eles, un lip dub sobre Antón Fraguas, protagonista das Letras Galegas 2019.