Óscar Ibáñez, novo relatorio en Pontevedra do ciclo «O poder do folk»

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

Óscar Ibáñez estará esta tarde no IES Valle-Inclán de Pontevedra
Óscar Ibáñez estará esta tarde no IES Valle-Inclán de Pontevedra Ramón Leiro

A cita é no paraninfo do IES Valle-Inclán ás 19.00 horas

16 sep 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

O ciclo de relatorios O poder do folk, impulsado polo Ateneo e a Deputación, continúa da man do gaiteiro Óscar Ibáñez cunha conferencia titulada A Gaita. A cita é no paraninfo do IES Valle-Inclán ás 19.00 horas con entrada é libre ata completar a capacidade do centro.

Nado en Poio en 1970, Óscar Ibáñez é gaiteiro e frautista con máis de vinte anos de traxectoria artística internacional. De igual xeito, é mestre en educación musical, especialista universitario en música tradicional galega e en arquivística, ademais de máster en xestión da documentación musical.

Ao longo da súa traxectoria profesional, ten participado en máis de vinte traballos discográficos, entre os que destacan os seus discos en solitario Alén do mar (2012) e Aires de Pontevedra (2017), destacaron dende o Ateneo de Pontevedra.