Homenaxe do Salón do Libro de Pontevedra a Luz Gallego, Nenuca, e Manuel Bragado

Alfredo López Penide
López Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

SERGIO SUEIRO

Os escritores Fina Casalderrey e Lois Pérez presentaron aos protagonistas

22 mar 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Cando restan unhas poucas horas para que se apaguen os focos da vinte e sete edición do Salón do Libro, este sábado viviuse uns dos momentos máis emotivos coa homenaxe á libreira Luz Gallego, Nenuca, e o editor Manuel Bragado, por toda unha vida dedicada á literatura.

Neste acto, que foi conducido por Eva Mejuto, a escritora Fina Casalderrey foi a encargada de loubar a quen definiu coma «un faro máxico para gran parte da súa veciñanza». Na súa resposta, Nenuca remarcou a importancia de achegar a literatura ás crianzas, de empregala como ferramenta terapéutica para a xestión de emocións, afrontar dificultades e abrir a súa mirada ao mundo: «Pais, mestres e, mesmo, irmáns maiores non deixedes nunca de ler con eles».

O tamén escritor Lois Pérez reflexionou en voz alta ao asereverar que, «se os libros son refuxio, Manolo é unha persoa libro, un persoa refuxio, faro, que ofrecerá consello e boa sombra». E Bragado fixo da súa intervención un alegato pola lingua avogando pola retirada do decreto do bilingüísmo e defendendo a necesidade do galego na escola.

Tanto Nenuca como Bragado remataron cun «Non á guerra!».