A proposta impulsada polo Seminario Permanente de Jazz no 2004 ten como finalidade potenciar aos novos valores do jazz galego
07 mar 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Este sábado, a partires das 21 horas, bota a andar unha nova edición de Jazz no Principal, proposta impulsada polo Seminario Permanente de Jazz no 2004 coa finalidade de potenciar aos novos valores do jazz galego. Neste primeiro concerto, o Teatro Principal de Pontevedra abrirá ás súas portas ao saxofonista portugués Zé Pedro Coelho, quen estará acompañado por músicos do SPJ, caso de Luis Felipe Fernández, ao saxo alto, Abe Rábade, ao piano, Pablo Patiño, ao contrabaixo, e Alberto López, á batería.
Zé Pedro Coelho é membro da Orquestra de Jazz de Matosinhos desde 2003 e actualmente ten máis de trinta traballos discográficos, entre os que se inclúen Clepsydra e Passarola Voadora.