De enterros a parodias, o entrodio segue vivo na contorna de Pontevedra

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

Enterro da Sardiña en Marín
Enterro da Sardiña en Marín SERGIO SUEIRO

20 feb 2026 . Actualizado a las 09:48 h.

As celebracións de entroido continúan na contorna programado actos nos concellos de Pontevedra, Sanxenxo, Bueu ou Caldas, entre outros.

Pontevedra

Hoxe • Dende as 17 horas • A programación deste venres comeza cun obradoiro infantil na rúa Serra para continuar, xa ás 21 horas, coa Mostra da Parodia, cuxa entrega de premios terá lugar na Ferraría

 

Sanxenxo

Hoxe • 20.30 horas • Praza Pública de Vilalonga • O Enterro da Cabra recorrerá distintos lugares da parroquia para volver ao punto de inicio. Ás 21.30 horas, Concurso de Parodias Feito na Casa na Lonxa de Portonovo.

 

Bueu

Hoxe • 17.00 horas • Rúa Montero Ríos • O Desfile do Enterriño da Sardiña, que protagonizan as asociacións de nais e país da vila e outros colectivos infantís, percorrerá as rúas da vila ata rematar na carpa de As Lagoas.

 

Caldas de Reis

Hoxe • 20.00 horas • a • Ao remate do velorio co canto de coplas e loas, o Enterro da Sardiña saíra en procesión de loito ata a Ponte da Ferrería, onde se guindará ao río.