O cartaz do Salón do Libro de Pontevedra, un alegato en pro do artesanal fronte ao uso da IA
PONTEVEDRA
Realizado polo artista Maritza Berttolini, a peza orixinal é un cadro bordado no que investiu más de corenta horas e cen metros de fío
04 feb 2026 . Actualizado a las 15:41 h.Nada en México, mais asentada dende hai seis anos en Pontevedra, Maritza Berttolini fixo do cartaz promocional do vindeiro Salón do Libro todo un alegato do artesanal fronte a IA. «Recolle moito o espírito do Salón polo que é obvio. Aí están os libros, aí está a música, aí está que queremos que deixe de chover dunha vez, a ver se pode ser dunha vez, están todas as actividades do Salón, está o feminismo... todo o que o Salón é aparece recollido no cartaz, pero quizais é menos evidente que, nestes tempos de intelixencias artificiais, nestes tempos de creacións que non se sabe quen as fai, gústanos apostar polo que tamén é o Salón, que nos poidamos tocar, que poidamos fabricar as cousas coas nosas mans e que poidamos utilizar as técnicas máis tradicionais e que podemos aprender na casa. Iso tamén é o salón», destacou o concelleiro de Cultura.
Demetrio Gómez deixou claro que Martitza Berttolini «representa esa Pontevedra que tanto nos gusta, que é que inclúe, que acolle, que lle gusta que os seus veciños tamén veñan doutros países e ela é un caso destes».
A propia Maritza Berttolini desglosou a xénese desta obra, que no seu formato orixinal é un cadro bordado no que empregou máis de corenta horas. Deste xeito, nunha primeira fase centrouse nas tres referencias da obra, que eran os libros, a música —o Salón leva por título Que non pare a música!— e Palestina, que é o país invitado, e «como se podían representar gráficamente estos conceptos».
O resultado final é un cartaz onde «vemos un libro abierto en el que puse algo que pareciera un escritorio. Por eso vemos las ceras, vemos el lápiz, el sacapuntas... Y en este libro abierto, en la página, podemos observar una ilustración de un pentagrama que cobra vida, sale del libro y se convierte en un camino que lleva a un edificio, en el que en cada planta habitan estos músicos que se asoman a la ventana a tocar sus instrumentos», engadiu.
A obra completase co tellado do edificio que, de novo, é un libro aberto no que descansa unha sandía, símbolo da resistencia, da identidade e do apoio con Palestina, e cuxo lombo é unha frauta, «es un libro musical. Lo que realmente estamos viendo es como la literatura nos lleva a este mundo de fantasía que se transmite a la realidad», remarcou Berttolini.
Corenta horas de traballo
A artista compartiu con Demetrio Gómez a defensa do labor artesanal: «Cabe destacar que está bordado, que lleva muchísimas horas. Lleva más de cuarenta horas bordadas, donde el hilo y la aguja han entrado y salido por la tela más de mil veces y se han usado más de cien metros de hilo. Eso, en este mundo, donde la era digital y la inteligencia artificial cobran bastante peso en nuestro día a día, llevar tanto tempo y darle este espacio creativo al cartel es algo increíble».
Insistiu nesta idea ao precisar que «esto, al final, no solo es la técnica hecha a mano, que ya requiere mucho tiempo y requiere mucho cuidado, sino es todo el proceso. Es coger el lápiz y dibujar en un papel en lugar de dibujar en una tableta, por ejemplo», precisou insistindo na idea de que nos tempos actuais parece que «todo tiene que ser rápido e inmediato y esto lleva tiempo y mucha paciencia».
A fin de contas, a mexicana transforma en bordado as súas propias ilustracións: «El bordado termina siendo un estilo de vida».