Os Cantos de Taberna voltan aos bares de Pontevedra

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

CONCELLO DE PONTEVEDRA

O Museo acolle unha nova edición do do seminario Museos, Feminismos, Canon centrado na figura de Maruja Mallo

30 ene 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

A ampla programación cultural deste venres aposta pola eclecticismo, de certo que estas son algunhas das principais citas:

CONCELLO DE PONTEVEDRA
 

Música

Hoxe • 21.00 horas • Bares Breogán e Balixas • O barrio do Burgo de Pontevedra dará o pistoletazo de saída á trece edición dos Cantos de Taberna, iniciativa que impulsará a asociación Maravallada o último venres de cada mes ata maio. Esta edición arrancará no bar Breogán para, en torno ás 22.30 horas, desprazarse ao Balixas. «Coma sempre imprimiremos as letras nosas e dos grupos que veñen para repartilas nos bares e que a xente poida cantar», sinalou Manuel Espiño, presidente do colectivo.

Presentación de Benseguro en Santiago de Compostela
Presentación de Benseguro en Santiago de Compostela SANDRA ALONSO
 

Laboral

Hoxe • 17.00 horas • Casal de Ferreirós • Poio acollerá unha xornada do proxecto Benseguro, dirixido a reducir a siniestralidade laboral no sector da construción e orientado tanto a profesionais da construción como a público xeral. A sesión arrancará cunha presentación por Luis Vázquez de Soto, responsable de Seguridade e Saúde de FLC Galicia, para continuar cun relatorio de Mónica Varela Novo, técnica do programa, quen explicará detalles do servizo de asesoramento e saúde laboral de obras de construción. O evento pecharase cos rogos e preguntas.

RAMON LEIRO
 

Exposición

Hoxe • 9.00 horas • Palacete das Mendoza • Pontevedra recibe ata o 15 de febreiro a mostra Novas follas de herba, do pintor e profesor pontevedrés Juan Carlos Vilar. Con esta exposición, o artista pontevedrés continúa a súa homenaxe á obra poética de Walt Whitman, especialmente ao título Leaves of grass, que xa presentou na sede de Turismo Rías Baixas en 2024 coa súa escolma Follas de herba. Nesta nova mostra, o pintor «volve tomar como punto de partida o espírito democrático, expansivo e profundamente humanista da obra poética de Whitman e, ao igual que este celebrou a multiplicidade do mundo, a dignidade do ordinario e mais a beleza do individuo anónimo, a mostra traslada ese impulso poético ao territorio visual da cidade contemporánea».

 

Exposición

Hoxe • 20.00 horas • Ateneo Santa Cecilia • Inauguración en Marín da mostra Recordos do pintor Sebastián Grande Santos. Nesta exposición, Basti Grande «presenta un conxunto de obras sobre a súa vida que nacen dunha necesidade de preservar o pasado. O que comezou como un xeito de salvagardar os seus recordos revelouse como o descubrimento dun don para a pintura». Aberta ata o 13 de febreiro.

CMUS MANUEL QUIROGA
 

Conferencia

Hoxe • 17.30 horas • CMUS Manuel Quiroga • Roberto Santamarina ofrece unha charla-obradoiro titulada A evolución dos instrumentos de corda ao longo da historia. Neste relatorio amosará diversos instrumentos de «varias épocas que se tocan da braccio, que son aptos para alumnos cuxo instrumento é violín o viola, aínda que tamén se abordan os instrumentos que se tocan ao estilo da gamba», así como se abordan diferentes maneiras de construílos.

LÓPEZ PENIDE
 

Literatura

Hoxe • 19.00 horas • Gremio de Mareantes • Guillermo García de la Riega presenta a súa primeira novela de ficción Rastreando el origen..., que ten como trasfondo a tese da orixe galega de Cristóbal Colón.

Cinema

Hoxe • 19.00 horas • Casa das Campás • Dentro do ciclo de cinema Dulce bellum inexpertis Sicario, a sala de conferencias acolle a proxección de Sicario (2015), de Denis Villaneuve. Con este largometraxe péchase un ciclo que afondou «nos efectos e consecuencias das guerras a través de filmes de diferentes xéneros».

Ana Garcia

Obradoiro

Hoxe • 17.30 horas • Liceo Casino • Taller práctico centrado nas mimosas, «esas flores amarelas que reaccionan ao tacto e enchen de vida calquera espazo», para aprender sobre o seu coidado, o seu ciclo de vida e como preservalas para que duren no tempo.

Videoxogos

Hoxe • Centro Sur • Co obxectivo de crear un xogo en 48 horas, Pontevedra acolle, ao longo de toda a fin de semana, unha nova edición de la HobbyPont Global Game Jam. Así, ata o 1 de febreiro, participantes de distintos perfiles —programadores, deseñadores, artistas, músicos, guionistas e persoas interesadas no desenvolvemento de videoxogos— traballarán en equipo para transformar ideas en prototipos xogables. A Global Game Jam é unha iniciativa internacional que se celebra de maneira simultánea en centos de sedes de todo el mundo. Non se trata dun evento competitivo, senón dunha experiencia creativa colectiva na que prima o intercambio de coñecementos, o traballo en equipo e a exploración de novas ideas. Na edición anterior sacáronse máis dunha decena de xogos desenvolvidos nunha soa fin de semana, utilizando motores e ferramentas habituais na industria e no ámbito independente.

 

Contacontos

Hoxe • 18 horas • Biblioteca Pública Antonio Odriozola • A Xunta conmemorará o Día da Ilustración con máis dunha vintena de actividades nas bibliotecas de xestión autonómica ao redor da figura e obra de Siro López, artista homenaxeado este ano. Deste xeito, en Pontevedra desenvolverase o contacontos ilustrado Pintando o humor con Siro a cargo do Colectivo Xurelo.

Las conferenciantes Estrella de Diego y Patricia Molins
Las conferenciantes Estrella de Diego y Patricia Molins MUSEO DE PONTEVEDRA
 

Seminario

Hoxe • 10.00 horas • Museo de PontevedraA Deputación de Pontevedra organiza a cuarta edición do seminario Museos, Feminismos, Canon, que nesta ocasión será unha xornada monográfica sobre Maruja Mallo. Así, no Edificio Castelao desenvolveranse as conferencias de dúas expertas na figura da artista galega: a investigadora Estrella de Diego e Patricia Molins, comisaria da exposición que actualmente lle dedica o Museo Reina Sofía á artista. Este seminario está centrado en revisar os estereotipos de xénero na arte e as lecturas sobre o rol da muller na historia e no presente. Esta edición vaina abrir Estrella de Diego co relatorio Por que as mulleres pintoras se chaman sempre «surrealistas»? O caso de Maruja Mallo, mentres que a Patricia Molins é Imaginarios de Maruja Mallo. Este seminario incluirá tamén unha serie de presentacións de comunicacións relacionadas coa artista a cargo de alumnado universitario: Ylenia González, da Universidade de Santiago de Compostela, e Jackeline Fernández, Jacobo Bugarín, Antonio Doñate, África Martínez e Sofía Nieto da Universidade de Vigo. A xornada pecharase cunha mesa de debate na que participarán as poñentes.