Visita guiada á mostra «Debuxar coa luz. A fotografía en Pontevedra no século XIX»

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

MUSEO DE PONTEVEDRA

A exposición pode recorrerse no Museo ata o vindeiro 5 de abril

18 ene 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Segunda das visitas guiadas á mostra Debuxar coa luz. A fotografía en Pontevedra no século XIX, a exposición aberta no Museo de Pontevedra ata o vindeiro 5 de abril. Dende a Deputación precisaron que cada semana realizaranse dúas visitas guiadas, unha os xoves ás 18 horas e outra os domingos ás 12 horas nas que é necesario reservar praza a través do formulario dispoñible na web institucional da entidade.

Cunha duración dunha hora de duración están dirixidas polo equipo de Educación do Museo e achegarán aos asistentes ás principais claves da mostra composta por arredor de 300 fotografías, a maioría orixinais do XIX, e máis dun cento de obxectos e mobiliario.