En caso da choiva a actuación da Praza da Peregrina desprazarase ao palco de música da Alameda
06 dic 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A partires das 12.00 horas, a Praza da Peregrina —o palco da música da Alameda, no caso de choiva— vibrará aos sons de Pablo Patiño Cuarteto no que será o arranque do novo ciclo Outono de Jazz. O contrabaixista vilagarciano chega a Pontevedra acompañado por Pablo Hernández, ao saxo alto, Javier Gdejazz, á trompeta, e Esteban Lavigne, á batería.
Dende o Seminario Permanente de Jazz (SPJ), que organiza este ciclo en colaboración co Concello, destacaron que Patiño «é recoñecido como un dos contrabaixistas máis activos da península Ibérica, colaborando con artistas destacados das escenas do jazz español e portugués». A súa música «caracterízase pola súa firme postura sobre a arte, a historia e os temas contemporáneos, fusionando influencias tradicionais cunha visión innovadora e vangardista».