Un concerto de Pablo Patiño Cuarteto inaugurará o sábado en Pontevedra o Outono de Jazz
PONTEVEDRA
As actuacións desenvolveranse na Peregrina, agás en caso de choiva que se trasladarán ao palco da música da Alameda
04 dic 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Co obxectivo de non só ocupar os espazos públicos de Pontevedra con jazz, senón de facer «un achegamento deste xénero musical a todos os públicos», en palabras das concelleira Anabel Gulías, este sábado arrancará na Praza da Peregrina unha nova edición de Outono de Jazz. En caso de choiva, habilitarase o palco da música da Alameda.
Así, ás 12 horas, Pablo Patiño Cuarteto e o seu proxecto Quoma inaugurarán a programación. Deste xeito, o contrabaixista vilagarciano acompañase de Pablo Hernández, ao saxo alto, Javier Gdejazz, á trompeta, e Esteban Lavigne, á batería. Posteriormente, xa o domingo e no mesmo horario, será a quenda de Xurxo Estévez Trío, no que o tamén contrabaixista, neste caso, de Cotobade chega á cidade de Pontevedra rodeado pola guitarra de Guillermo Guerrero e a batería de Miguel Fernández.
Outono de Jazz rematará a fin de semana do 13 e 14 de decembro con Sunil López Trío, que veñen de publicar o seu primeiro traballo discográfico Smoke gets in your eyes, e con Gloria Pavía & Rafa Morales como peche.
Luis Carballo, do Seminario Permanente de Jazz, resaltou na presentación deste ciclo que esta programación pretende «levar o jazz galego polas rúas de Pontevedra» coincidindo co vinte e cinco aniversario do SPJ.