30 nov 2025 . Actualizado a las 09:32 h.
A asociación cultural Carracedo Fala organiza, a partires das 17.30 horas, a primeira sesión do seu Cinema Fórum no centro social do Gorgullón coa proxección do documental Eu tamén necesito amar, do director Antonio Caeiro. Segundo destacaron, esta peza versa sobre a vida das mulleres durante o Franquismo a partir de relatos en primeira persoa. Trala exhibición do audiovisual está programada unha charla-coloquio co director e flocos de millo e café para os asistentes.
Dende a asociación sinalan que «este tipo de eventos son esenciais para dar a coñecer á veciñanza como vivían as mulleres de hai décadas, que as novas xeracións poidan saber desta parte da nosa historia».