19 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.
Na Fundación Xosé Neira Vilas en Gres (Vila de Cruces) tivo lugar onte a entrega do Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia. O xurado escolleu como obra gañadora O tesouro, de Lidia de la Fuente. O galardón está dotado con 1.000 euros, así como a publicación do texto gañador, a cargo de Edicións Embora. No acto tamén houbo actuación musical a cargo do cantautor Armando González.