Presentan «As mans da miña avoa» na histórica libraría Lello

PONTEVEDRA

KALANDRAKA

18 may 2025 . Actualizado a las 09:55 h.

A presenza da editorial pontevedresa Kalandraka en Portugal cada vez é máis patente e nítida. Así, este pasado xoves, a histórica libraría Lello de Porto acolleu a presentación do que é unha das súas novidades, As mans da miña avoa.

Este álbum ilustrado, obra de Inês Cardoso e Susana Matos, cuxa tradución ao galego correu da man de Iago Nicolás, relata «unha historia tenra e chea de amor que nos traslada no espazo e no tempo a través da curiosa ollada da infancia. Unha homenaxe ás avoas, as mellores mestras, que nos achegan sempre memoria e sabedoría», precisaron dende Kalandraka. Ambas autoras estiveron acompañadas na presentación pola artista Capicua.