A parroquia pontevedresa de Mourente celebrará a súa Festa do Caldo os días 8 e 9 de marzo
PONTEVEDRA
O cunca de caldo véndese a 2,50 euros e a cazola de cocido a sete
22 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.«Para caldo, o de Mourente». Un ano máis a parroquia pontevedresa quere facer bo ese dito e para iso nada mellor que acudir a unha nova edición da Festa do Caldo. Unha cita gastronómica, tradicional e festiva, organizada pola asociación de veciños O Castro, que acostuma a xuntar a centos de persoas e que pon o foco sobre unha das estrelas da gastronomía tradicional galega. A festa comezará o sábado 8 de marzo có acto de imposición de capas aos novos confrades, que vai ter lugar no salón de actos da Deputación, para a continuación dar inicio á degustación na carpa instalada nos Areais, en Mourente.
Os prezos fixados para esta edición, que fai a número 33 na historia da Festa, son 2,50 euros a cunca de caldo —pódese repetir cantas veces se queira—; e 7 euros a cazola de cocido galego.
A cantante Marietta será a encargada de dar lectura ao pregón o domingo día 9, xornada na que se levará a cabo unha homenaxe ao veciño da parroquia Isidoro Bouzas Vila.