Seis propostas artisticas conforman en Pontevedra o programa de Ponteatro

PONTEVEDRA

A compañía Ron Lalá inaugurará o ciclo o vindeiro 20 de febreiro con «4x4»
03 feb 2025 . Actualizado a las 18:28 h.Un total de seis espectáculos que combinan artes escénicas e xéneros teatrais conforman a nova tempada de Ponteatro, que se desenvolverá dende o 20 de febreiro ata o 3 de abril.
«Temos unha programación que queremos que sexa realmente innovadora e arriscada porque nela van dialogar algunha das mellores pezas do teatro galego que podíamos traer con algunhas que traemos de fóra de Galiza», destacou o concelleiro de Cultura de Pontevedra. Demetrio Gómez desglosou unha programación que comeza «con Ron Lalá, que son unha compañía que fai humor, teatro e música por esa orde de importancia» y que porán en escena no Teatro Principal a peza 4x4.
A obra, segundo engadiu, «dialoga coa galega #2Pilgrims, de Redrum Teatro, que é unha reflexión sobre temas moi actuáis: feminismo, novas masculinidades... a partir da experiencia de dous actores que están en horas baixas e pensan que, a partir das posibilidades que ofrece o Camiño de Santiago, poden volver a lanzar a súa carreira». O 13 de marzo e no Pazo da cultural, desenvolverase El verdugo, de El Espejo Mágico, obra multipremiada que reinterpreta a película homónima de Berlanga, de tal xeito que «o aspecto arriscado aquí é que traemos para público adulto unha peza de monicreques», precisou Gómez.
Xa o 20 deste mes, Ponteatro regresa ao Principal cunha estrea recente, Reconversión, de Ibuprofeno Teatro, «que sabemos que os afeccionadas ao teatro tiñan moita gana de ver aquí en Pontevedra», mentres que, oito días máis tarde, «aínda arriscamos moitísimo máis» coa posta en escena no Pazo da Cultura de Os Miserábeis, «peza que quixemos traer ao programa de teatro profesional de Pontevedra malia que é unha obra que leva nas táboas á compañía do IES Illa de Ons de Bueu». O ciclo rematará neste mesmo espazo con Ceibe, de Fran Sieira, Compañía de Danza.