Guerrilla trae a Pontevedra a Mercedes Peón e a loita das mulleres de Pontesa

PONTEVEDRA

07 oct 2023 . Actualizado a las 05:00 h.
Hoxe, 7 de outubro • 21 horas • Dende 10 euros • Teatro Principal • O festival Guerrilla encara a recta final da edición deste ano e o fai programando esta noite Osmose, un espectáculo audiovisual e sonoro de Mercedes Peón que pon en valor a loita das obreiras da fábrica de Pontesa de Pontevedra.
Deste xeito, mesturando performance, videocreación e electrónica, a artista reinterpreta a obra Nación de Margarida Ledo. Neste sentido, a organización de Guerrilla non obviaron o feito de que «Mercedes Peón é unha das referentes da world music actual e nesta edición de Guerrilla trae a Pontevedra un dos seus últimos espectáculos máis novidosos e rechamantes».