05 feb 2023 . Actualizado a las 05:00 h.
O Cineclube Pontevedra proxecta este martes no Teatro Principal, a partires das 20.30 horas, a película Tori e Lokita, coa que Jean-Pierre e Luc Dardenne obtiveron o Premio 75º Aniversario no Festival de Cine de Cannes 2022, ano no que tamén conseguiu o Premio do Público no Festival de Sevilla.
O filme centrase nos dous protagonistas, Tori e Lokita, que viven nun centro de acollida en Bélxica e «aférranse á súa amizade para resistiren as condicións de precariedade e dureza extrema ás que son condenados por non teren papeis».