O ciclo impulsado polo gaiteiro pontevedrés Óscar Ibáñez acaba de ter continuidade coa publicación dun disco compacto, «Piperegrinos. As gaitas do Camiño»
13 feb 2022 . Actualizado a las 03:03 h.Piperegrinos foi, en palabras do seu impulsor, o pontevedrés Óscar Ibáñez, «un espectáculo que pretendía falar de gaiteiros e de peregrinos». A fin de contas, «a gaita é o instrumento europeo por excelencia, irmanda a toda Europa» e, de feito, existen máis de cincuenta tipoloxías deste instrumento, dos poucos senón o único que chegou a estar prohibido outrora polos ingleses por consideralo un instrumento de guerra. Neste punto, Ibáñez destaca que «a gaita faise popular en toda Europa en paralelo co momento de esplendor do Camiño de Santiago, no século XII».
Tendo en conta estas premisas e asumindo a Ruta Xacobea como algo máis que unha vía espiritual, senón como punto de encontro e de intercambio cultural. O gaiteiro pontevedrés presentou á Xunta de Galicia unha proposta dun espectáculo itinerante que reunise, por primeira vez, nun mesmo escenario a algúns dos máis destacados instrumentistas da península Ibérica.
A iniciativa saíu adiante e frutificou en oito concertos en outras tantas vilas galegas que se desenvolveron entre o 23 e o 31 de outubro do ano pasado coa presenza de seis gaiteiros —el catalán Francesc Sans, con el instrumento sac de gemecs; el aragonés Adrián Gil, con la gaita de boto; el asturiano José Manuel Tejedor, con la gaita asturiana; el castellanoleonés Luis Antonio Pedraza, con la gaita sanabresa; el portugués Tiago Morales, intérprete de la gaita mirandesa y gaita de sesimbra; y el propio Oscar Ibáñez— acompañados por otros músicos y artistas. «Parecíame importante visibilizar outras gaitas, outras tipoloxías que, ao mellor, están moito máis próximas e coñécense moito menos», apostillou este último.
Neste punto, sinala que o proxecto «non nace da nada. É consecuencia doutros traballos que xa teño feito, como foi o Encontro Manuel Villanueva. Gaitas de fol do Noroeste, no que trouxen a especialistas do noroeste peninsular para falar das tipoloxías deste instrumento. Non podemos estudar a nosa gaita en Galicia sen ter en conta o contexto cultural. A cultura non entende de fronteiras administrativas», sinala.
O certo é que a iniciativa acaba de ter continuidade coa publicación dun disco compacto, Piperegrinos. As gaitas do Camiño, no que se recolle «unha selección das mellores interpretacións en directo coa intención de que este proxecto non sexa efémero. Parecíame importante deixar constancia de cara ao futuro».
Isto complementarase coa difusión dun vídeo duns 40 minutos gravado durante o concerto desenvolvido en Mos, o derradeiro desta xira.
O futuro
A idea de Óscar Ibáñez é que Piperegrinos non se quede aí, senón que, dado que o 2022 é tamén Ano Xacobeo, «estamos traballando en como podemos, si a situación sanitaria o permite, levar este espectáculo fora de Galicia para facer o Camiño de Santiago». Deste xeito, podería facerse realidade a idea orixinal deste espectáculo: «Quería facer o Camiño de Santiago co espectáculo. Vamos a ver se este ano conseguimos os apoios para que sexa unha realidade. O que si xa é realidade é que o disco está aí».