A vindeira edición das Xornadas Blanco Freijeiro, que se desenvolverán entre o 24 e o 27 de novembro, celebraranse de xeito telemática a través de Facebook. Deste xeito, a partires das 20 horas, poderanse visualizar as ponencias que estarán impartidas por autoridades intelectuais expertas no Camiño de Santiago.
Coa proximidade do Xacobeo, a temática estaba clara a la hora de establecer la temática destas xornadas centradas na arte, arqueoloxía e historia de Marín. «Dadas as circunstancias e xa que as novas tecnoloxías nolo permiten, queremos ampliar estas xornadas tan valiosas para o noso concello a todos os profesionais, expertos, empresas de todos os sectores e institucións que teñen vinculación co noso Camiño», asegurou a concelleira Beatriz Rodríguez.
Será necesario inscribirse no email xornadas.blanco.freijeiro.marin@gmail.com. O prazo remata o 24 pola mañá e os inscritos recibirán, unha vez rematado o ciclo, o tradicional diploma.